Para quen non me le / Per a qui no em llegeix (GL+CAT)

>> dimarts 30 de març de 2010

Para quen non me le

Este post vai para vós. Sí, vós, os que nunca ollades a ligazón que poño no facebook. Para vós os que,dende un correo meu, non facedes clic na sinatura. Tamén para aqueles que non gostades do título do blog "Cando os outros calan" ou os que ao mirar o Google Reader ledes o título e non decidides entrar. Esta é a vosa casa, isto é para vós. 

Porque se cadra tedes razón. Todo blog encerra dúas cousas: unha miga de egocentrismo e un algo que dicir. Todo, na súa xusta medida é bo. Pero, para vós, os que engrosades a vosa nómina de RSS's con máis e máis blogs que ler (chámalle ler, chámalle mirar se ten fotos...) non valorades iso. Só pronunciades un inaudible non mentres o voso cursor se despraza até a "x", antes xusto de postar un comentario. Esta é tamén a vosa casa, e isto é para vós. 

E por qué, preguntaráse máis dun? Pois porque eu tamén son dos vosos. Internet é unha ráfaga fugaz que poucas veces consegue unha reacción; esa interactividade que tanto se pregona. Internet véndese como unha baixada dos custes de expandila información, máis só é a capacidade de creación de información nas máns de quen non pode nin contrastala nin tan só difundila. Por qué un blog, logo? A esperanza, disque, move este mundo. 


Per a qui no em llegeix 

Aquest pos va per a vosaltres. Sí, vosaltres, els que mai no mireu l'enllaç que poso al facebook. Per a vosaltres els que, des d'un correu meu, no feu clic a la signatura. També per a aquells a qui no us agrada el títol del bloc "Quan  d'altres callen" o els que en mirar el Google Reader llegiu el títol i decidiu no entrar. Aquesta és casa vostra, això és per a vosaltres. 

Perquè potser teniu raó. Qualsevol bloc amaga dues coses: una mica d'egocentrisme i alguna cosa a dir. Tot, en la seva justa mesura, és bo. Però, per a vosaltres, els que engrandiu la vostra nòmina de RSS's amb més i més blocs que llegir (qu diu llegir, diu mirar si té fotos...) no valoreu això. Només pronuncieu un inaudible "no" mentre el vostre cursor si desplaça fins a la "x", abans just de publicar un comentari. Aquesta és també casa vostra, i això és per a vosaltres. 

I per què, es preguntarà més d'un? Doncs perquè jo també sóc dels vostres. Internet és una ràfega fugaç que poques vegades aconsegueix una reacció; aquesta interactivitat de que tant es parla. Internet es ven com una davallada de les despeses per a difondre informació, però només és la capacitat de creació d'informació a les mans de qui no pot ni contrastar-la ni tan sols difondre-la. Per què un bloc, després? L'esperança, pel que sembla, mou aquest món.

Read more...

5 claves para entender o BNG

>> dimecres 17 de març de 2010

5 claves para entender o BNG

Ríos de tinta se teñen verquido ao redor do BNG. Aínda hoxe, nun xornal que aquí non ligarei, xa se quentaba o ambiente de cara ás municipais (nomes, candidatos, etc). O certo é que eu realicei unha proposta (non formal, teórica e non articulada) que, dun xeito controvertido, propuña nomes e estratexias nunha situación difícil para a formación nacionalista. (cando se acaba de perdelo poder da Xunta, en primeira instancia, e logo de celebrar a ANE que reconfigurou  Eu coido que os que estamos comprometidos co país debemos ter unha clara noción do momento; a gran bendición do "cando". E agora o BNG é o que é; moitas cousas que, no seu peculiar camiño, lle darán unha fortaleza política envexábel.




E para entender o BNG, hoxe e sempre, temos que entender o seguinte: 

-    1. A correlación de forzas internas é irregular. Isto derívase da súa condición frontista e plural, da súa tolerancia diante da discrepancia (incluso pública). Agora ben, esta irregularidade (quitando o sensacionalismo de certos medios) non lle resta puntos ao BNG: este comportamento peculiar non o fai especial aos ollos de quen ve os enfrontamentos internos dentro de PSOE ou PP. A cuestión é que o BNG basea a súa pluralidade interna nun principio democrático moi claro; cousa da que no Estado español só pode presumir Esquerra Republicana de Catalunya. 

-   2. A comarca é (e debe ser) a base do seu marco de actuación. E diso, en moitas ocasións, esquecémonos os propios militantes. É certo que en según qué comarcas (nas grandes cidades, nas que hai pouca militancia, nas que hai pouca poblacíón...) é difícil desenrolar un traballo político en base a uns criterios claros: como se di, con acerto, na rúa: "Somos os que somos". Aínda así, o Bloque Nacionalista Galego, forza alternativa de renovación, ten moitas ferramentas para fortalecer as estruturas comarcais (do país, e tamén as da organización) que aínda non foron postas en marcha de xeito claro. E non falo dos documentos do BNG (nos que sí que, efectivamente, se avoga por unha abolición das constitucións (e da provincia na que falaba no anterior post). Iso tan só é o primeiro paso. Nesa liña atoparemos ao BNG do futuro.

- 3.  A súa acción política é (e debe ser) diferente. Pode semellar un tópico, máis non o é. Moitas causificacións deron diferentes "claves": o liderado de Beiras, a debilidade e crise interna do PSdeG, etc. Pero realmente quen votou ao BNG votouno porque era (e é) unha alternativa ao bipartidismo e á imposición (e por qué non decilo, da política democráticamente deficitaria) das institucións e partidos españois. Outra xente, outras formas. 

- 4. O colectivo por encima do individual.  Podemos facer moitas críticas ao funcionamento do BNG, ao acerto da toma de decisións, ás posturas tomadas polos grupos... Pero valoremos: o BNG toma as decisións de xeito colectivo. Cando menos nos plano teórico, esta circunstancia marca a vida política da organización. Entre todos e todas constrúese o BNG; a diferencia doutras formacións. 

- 5. Bebe, relaciónase e integra o tecido social mobilizado. De ben seguro que podía existir unha introducción maior, pero o BNG é unha forza política ligada ao sindicalismo da CIG, ás reivindicacións pola lingua da Mesa (agora explicitados pola plataforma Queremos Galego!) ou polas actividades universitarias dos Comités. Iso é suficiente? Seguramente non; e seguramente o BNG debe tomalo camiño das organizacións pequenas (veciños, asociacións, culturais, etc), de defensa do medio ambiente (ADEGA e Verdegaia) e dos labregos (SLG, FRUGA).


Read more...

Unha reforma da lei electoral galega (I): a circunscrición provincial

>> dimarts 9 de març de 2010

 Unha reforma da lei electoral galega

Levo tempo matinando sobre esta cuestión. O certo é que na clase política galega (refirome ás tres forzas representadas no Parlamento de Galiza) nunca acabou por consolidarse a idea de que as "regras do xogo" democrático das institucións galegas menoscaban a calidade de devandito sistema. Tan só o BNG e Esquerda Unida se manifestaron nalgunha ocasión  contra a lei electoral. Así, a lei actual, a 8/1985 (do 13 de agosto) presenta varias cuestións que cando menos son criticábeis, apoiadas no disposto polo artigo 11 do Estatuto de Galicia. 



 ___________________________________________________________ 


[...]

ARTIGO 11
  1. O Parlamento estará constituído por Deputados elixidos por sufraxio universal, igual, libre, directo e secreto.
  2. O Parlamento será elixido por un prazo de catro anos, de acordo cun sistema de representación proporcional que asegure, ademais, a representación das diversas zonas do territorio galego.
  3. Os membros do Parlamento de Galicia serán inviolables polos votos e opinións que emitan no exercicio de seu cargo, Durante o seu mandato non poderán ser detidos nin retidos polos actos delictuosos cometidos no territorio de Galicia a non ser en situación de flagrante delicto, correspondendo decidir, en todo caso, sobre a súa inculpación, prisión, procesamento e xuízo ó Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Fóra deste territorio, a responsabilidade penal será esixible nos mesmos termos perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo.
  4. A circunscrición electoral, será, en todo caso, a provincia.
  5. Unha lei do Parlamento de Galicia determinará os prazos e regulará o procedemento para a elección dos seus membros, fixando o número deles entre sesenta e oitenta, así como as causas de inelixibilidade e incompatibilidade que afecten ós postos ou cargos que se desempeñen dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma.
  6. O Parlamento, mediante lei, poderá establecer un sistema para que os intereses do conxunto dos galegos residentes no estranxeiro se encontren presentes nas decisións da Comunidade Autónoma.
  7. Os Deputados non estarán suxeitos a mandato imperativo.
___________________________________________________________ 

Do Estatuto derívase o primeiro problema clave para entender o déficit democrático (e de operatividade) do sistema electoral galego: manter a provincia como circunscripción. Porén,  ademáis de non ser a unidade territorial que mellor se axusta ao modelo de goberno e de representación que debe ter Galiza (antóxase demasiado grande nalgúns casos, a nivel demográfico e tendo en conta o modelo territorial) produce uns efectos negativos sobre a elección dos representantes. Así, o idóneo sería desenrolar un sistema intercomarcal que dera lugar a un número superior de circunscricións provinciais que acheguen o sistema a 1 cidadán un voto. É significativo, ademáis, que esta cuestión esté blindada polo Estatuto (do que xa coñecemos o proceso de reforma - e non precisamente porque chegara a bo porto - ). 


A circunscrición provincial, pois, é a primeira pedra que derrubar do muro antidemocrático que son as institucións autonómicas hoxe en día. Xa non só para este marco institucional, se non para calquera outro no que Galiza (como nación) se vira englobada, un sistema democrático debería conlevar a confección de 6-7 territorios intercomarcais que sirvan de base electoral real para mellorala realidade do escrutinio. 






Moi pronto: 

Unha reforma da lei electoral galega (II): a barreira electoral. 
Unha reforma da lei electoral galega (III):  o sistema electoral.

Read more...

Entrades populars

Notícies

Loading...

Os meus blogs

  © Blogger template Werd by Ourblogtemplates.com 2009

Back to TOP